Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2000 Páx. 1.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP número 10, correspondente ó día 14 de xaneiro de 2000, aparece publicada a convocatoria para cubrir, mediante contratación laboral fixa, dúas prazas de auxiliares de biblioteca, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOE ou no DOG.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 18 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado