Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2000 Páx. 1.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRAZO

ANUNCIO de resolución da alcaldía sobre convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza de Administración xeral, subescala auxiliar.

No BOP da Coruña, do día 26 de outubro de 1999, publicáronse as bases das probas selectivas para

prover por oposición unha praza da subescala auxiliar da escala de Administración xeral.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, e deberán achegar a estas xustificantes do ingreso da cantidade de 2.000 ptas. en concepto de dereitos de exame.

Trazo, 15 de decembro de 1999.

Jesús Dubra Rama

Alcalde