De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 18 de decembro de 1998 (BOE do 30 de xaneiro de 1999), para a provisión da praza número 98/085, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, departamento de Análise Económica desta universidade, a favor de José Venancio Salcines Cristal e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Ley 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Venancio Salcines Cristal profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise
económica, do departamento de Análise Económica desta universidade.
A Coruña, 23 de decembro de 1999.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña