Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999 pola que se nomean funcionarios en prácticas da escala de xestión, os aspirantes que superaron a fase de oposición das probas selectivas convocadas por Resolución do 10 de maio de 1999.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de xestión, pola quenda de promoción interna, e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria,

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas da escala de xestión os aspirantes que superaron a fase de oposición que se relacionan no anexo desta resolución, ordenados de acordo coa puntuación obtida.

Segundo.-O período de prácticas consistirá na realización dun curso selectivo de asistencia obrigatoria que se regulará por resolución da Xerencia, que determinará a data de inicio.

Terceiro.-Os funcionarios en prácticas percibirán aquelas remuneracións polas que optaran segundo se establecía no punto 8.1º, parágrafo segundo, da Resolución do 10 de maio de 1999. Os efectos económicos e administrativos serán os da data de inicio do curso selectivo.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de xestión da Universidade

de Santiago de Compostela

Nº de ordeApelidos e nomeDNI

1García Rey, Ramón76.854.201

2Vilas Novás, Mª Beatriz33.243.600

3Carballeira Hortas, Ricardo33.189.319

4Casal Botana, Mª Milagros33.235.619

5Navaza Blanco, Félix35.203.188

6Parguiña Fernández, Mª del Pilar32.446.627

7Brao Viña, Ana Mª33.305.963

8Piñeiro Aranda, Mª Concepción32.755.730

9Soengas Seoane, Mª del Carmen33.267.242