Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 957

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 17 de xaneiro de 2000, da comisión de baremación do proceso selectivo para a cobertura temporal de 21 prazas de farmacéuticos de atención primaria do Servicio Galego de Saúde, polo que se fai pública a lista definitiva de seleccionados.

De conformidade co previsto na Resolución do 26 de abril de 1999, da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde, pola que se convocan os aspirantes para o proceso de selección temporal de 21 prazas de farmacéutico de atención primaria do Servicio Galego de Saúde, feita a oportuna revisión das reclamacións presentadas contra a baremación de méritos, exponse ó público nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde e mesmo nos dos seus centros de atención primaria, a listaxe das puntuacións definitivas acadadas polos aspirantes que inclúe, de se-lo caso, a estimación ou desestimación desas reclamacións.

En consecuencia, cítanse para o acto de elección de destino os 21 primeiros aspirantes pola súa orde final de selección, o vindeiro día tres de febreiro, ás 11 horas, na sede do Servicio Galego de Saúde, en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, polo que deberán acreditarse co DNI, permiso de conducir ou pasaporte.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso nos termos previstos nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2000.

Berta Cuña Estévez

Presidenta da comisión de baremación