Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 28 de setembro de 1999 (DOG nº 200, do 15 de outubro).
Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlles destinos nos postos de traballo que se indican ós funcionarios dos que se expresan os seus datos no anexo desta orde.
Segundo.-O cesamento nos actuais destinos dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta
mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios realizará, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.
Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Denominación e código do posto: xefe de Servicio de Formación en Empresas e Orientación Laboral. ED.C05.00.001.15770.020.
Dependencia: Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: A.
Nivel: 28.
Corpo ou escala: corpo superior da Xunta de Galicia.
Apelidos e nome: Pérez Fernández, Eugenia.
Nº de rexistro de persoal: 76.988.558.35.A2060.
Denominación e código do posto: xefe de Servicio de Xestión e Promoción Lingüística.
ED.C07.00.001.15770.032.
Dependencia: Dirección Xeral de Política Lingüística.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: A.
Nivel: 28.
Corpo ou escala: corpo superior da Xunta de Galicia.
Apelidos e nome: Penas Murias, María Victoria.
Nº de rexistro de persoal: 32.746.002.24.A2060.