Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de xaneiro de 2000 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 2000.

A Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para aboa-las mencionadas retribucións, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2000, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos I e II desta orde.

2. Polo que respecta ós complementos específicos, a súa contía experimentará un incremento do 2% respecto da aprobada para o exercicio de 1999, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 11 a) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2000.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo III desta orde.

3. As contías das retribucións do persoal docente non-universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro de 1992 e 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo IV desta orde.

4. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios, e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 11 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor/hora aplicable á dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obriga de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2. Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

a) Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70 f) da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril e pola Lei 2/1998, do 8 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

Para o cálculo do valor/hora aplicable á dita reducción nas pagas ordinarias, tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña a obriga de cumprir, de media, cada día.

O importe total da paga extraordinaria afectada por un período de tempo en xornada reducida será o correspondente á suma dos respectivos importes de cada un dos dous períodos, con e sen reducción de xornada, dos seis meses computables nas ditas pagas, segundo o seguinte sistema de cálculo:

Para o período ou períodos non afectados pola reducción de xornada pero incluídos nos seis meses anteriores ó seu devengo, sobre dito devengo cando o número de días é inferior ó do total computable nela, dividirase a contía da paga extraordinaria que, na data do 1 de xuño ou 1 de decembro, segundo os casos, se devengaría na xornada completa por un período de seis meses, entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente, multiplicando este resultado polo número de días nos que se prestase servicio sen reducción de xornada.

Para o período ou períodos afectados pola xornada reducida aplicarase o mesmo sistema de cálculo anterior pero tomando como dividendo a citada contía reducida de forma proporcional á propia reducción de xornada.

b) Ós restantes tipos de xornada reducida, se é o caso, aplicaráselle-la reducción de retribución establecida na súa normativa específica.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primerio día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4. As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e con referencia á situación e ós dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que

na data do seu devengo lle correspondese por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencia sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista na letra a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o punto segundo 3 c); neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos nesta orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos o dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 2000, a porcentaxe de cotización que se lles aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo V desta presente orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e do persoal da Administración de Xustiza (Mugeju), que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2000, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servicio do Estado, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense así mesmo no anexo V desta orde.

O persoal funcionario que estivera suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas a que se refire o parágrafo anterior ó igual que as correspondentes ás pagas ordinarias dos períodos de tempo no que se desfrute licencia sen dereito a retribución non experimentarán reducción na súa contía.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. As retribucións do persoal laboral da Comunidade Autónoma son as que figuran no anexo VI desta orde.

O complemento de convenio deste persoal será o que figura, se é co caso, nas relacións de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do Consello da Xunta de Galicia.

2. Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2000.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán as retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo en que estea incluído o corpo no que ocupen vacante, e as retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídas as que, se é o caso, estean vinculadas á condición de funcionario de carreira.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo en 1999, incrementadas no 2%.

5. De conformidade co disposto no artigo 19.1º da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 16 da dita lei, estas veranse incrementadas no 2% con relación ás devengadas no ano 1999.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988 terán dereito, durante o prazo de toma de posesión, á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de carácter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto nesta orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e cos dereitos do

funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaese en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen perxuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñaren outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de á conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas á conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscrición, durante o ano 2000, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta da consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo para desempeñar polo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá o pleno cumprimento do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir xunto coa autorización establecida no punto catro do artigo 24, da Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas nesta orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no seu punto catro punto 8.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 2% respecto das que viñan percibindo en decembro de 1999.

15. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2000, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos deste ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 2% respecto das fixadas para o exercicio de 1999.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR serán as que se detallan no anexo VII desta orde.

16. O persoal estatutario sanitario non-facultativo e non-sanitario ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo VIII.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no punto segundo 3) da devandita disposición percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo IX.

17. O persoal estatutario das unidades e dos servicios de atención primaria as que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá, ademais das retribucións recollidas no anexo VII, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme os factores e criterios recollidos na letra a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo X.

18. Con respecto ás retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota estas experimentarán un incremento do 2% con respecto ás percibidas no ano 1999. Os premios de antigüidade correspondente ó persoal de cota e zona rexeranse pola súa normativa específica. Os ditos premios

de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ó da data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

19. As retribucións correspondes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XI.

20. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, coas súas correspondentes revisións se houbese lugar.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Retribucións básicas

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A161.1866.191

B136.8034.953

C101.9773.717

D83.3842.483

E76.1231.862

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha delas, a unha mensualidade de soldo e trienios, agás nos casos previstos no epígrafe segundo, punto 4, desta orde.

ANEXO II

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Complemento de destino

Nivel de complemento de destinoContía mensual

30141.537

29126.957

28121.617

27116.276

26102.010

2590.505

2485.165

2379.828

2274.486

2169.155

2064.240

1960.957

1857.676

Complemento de destino

Nivel de complemento de destinoContía mensual

1754.394

1651.118

1547.835

1444.556

1341.274

1237.991

1134.714

1031.433

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada neste anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO III

Nivel de complemento de destinoComplemento específico (mensual)

30196.940

28(A)144.809

28(B)121.640

26115.849

25101.367

2489.781

2269.508

2052.132

1846.339

1643.445

1440.546

1237.650

1034.754

Os complementos específicos que o 31 de decembro de 1999 non tivesen a súa contía relacionada neste anexo experimentarán un incremento do 2% a partir do 1 de xaneiro de 2000.

ANEXO IV

PROFESORADO DOS CENTROS DE ENSINO BÁSICO, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS E IDIOMAS

1º Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico:

GupoNivel de complemento de destinoCompoñente xeral do complemento específico ptas./mes

Catedráticos de música e artes escénicas e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, coa condición de catedráticos.A2655.247

Profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas.A2448.019

GupoNivel de complemento de destinoCompoñente xeral do complemento específico ptas./mes

Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseño.B2448.019

MestresB2148.019

2º Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:

Un.-Desempeño de órganos de goberno unipersoais.

Cargos académicosTipo de centroCentros de educación secundaria, CPI, artísticas e similares ptas./mesCentros de educación infantil, primaria, especial e asimilados ptas./mes

DirectorA91.79675.227

B79.06568.097

C71.57249.277

D64.79136.433

E--22.222

VicedirectorA40.379--

B39.592--

C28.539--

D24.593--

Xefe de etudiosA40.37926.170

B39.59224.593

C28.53923.803

D24.59317.487

E24.593--

SecretarioA40.37926.170

B39.59224.593

C28.53923.803

D24.59317.487

E24.593--

Dous.-Desempeño de postos de traballo docentes singulares.

PostoPtas./mes

Centros de educación secundaria:

-Xefatura de departamento9.592

-Coordinación de formación en centros de traballo9.592

Escolas de artes aplicadas:

-Coordinación de especialidade9.592

Escolas de artes aplicadas e conservatorios de música:

-Xefatura de seminario9.592

Centros residenciais docentes:

-Xefatura de residencias centros tipo A40.379

-Xefatura de residencias centros tipo B39.592

-Xefatura de residencias centros tipo C28.539

-Director de residencias9.592

Responsable de menos de 3 unidades en centros de Edc. infantil e primaria9.592

Membros dos equipos de orientación específicos26.170

Programa reforma educación primaria e secundaria:

-Coordinación técnica79.065

-Equipos reforma40.379

C.E.F.O.R.E.S.:

-Dirección79.065

-Asesor40.379

PostoPtas./mes

Colexios rurais agrupados:

-Director centros tipo C49.277

-Director centros tipo D36.433

-Director centros tipo E22.222

-Xefatura de estudios e secretaría17.487

-Profesor9.592

Profesores de educación permanente de adultos9.592

3º O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o seguinte:

1º período: 8.562 ptas./mes.

2º período: 11.008 ptas./mes.

3º período: 14.678 ptas./mes.

4º período: 20.794 ptas./mes.

5º período: 6.115 ptas./mes.

4º Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos epígrafes precedentes:

As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes deste anexo pero que estean recoñecidos expresamente pola normativa vixente aplicable o 31 de decembro de 1999, experimentarán así mesmo, a partir do 1 de xaneiro de 2000, un incremento do 2% sobre as contías fixadas para 1999.

ANEXO V

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL DE FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

GrupoCota mesual

A5.768

B4.540

C3.487

D2.759

E2.352

Nos meses de xuño e decembro aboarán a tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3, desta orde.

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL XUDICIAL CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

MultiplicadorCota mesual

4,755.768

4,505.768

4,005.768

3,505.768

3,255.768

3,005.768

2,505.768

2,254.540

2,003.975

MultiplicadorCota mesual

1,502.759

1,252.352

Nos meses de xuño e decembro aboarán tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3, desta orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS DOS FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR

GrupoCota mensual

A13.175

B10.369

C7.964

D6.301

E5.372

Nos meses de xuño e decembro aboarán por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3, desta orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS CORRESPONDENTES Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR DO PERSOAL Ó SERVICIO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

MultiplicadorCota mensual

4,7513.175

4,5013.175

4,0013.175

3,5013.175

3,2513.175

3,0013.175

2,5013.175

2,2510.369

2,009.080

1,506.301

1,255.372

Nos meses de xuño e decembro aboarán tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3, desta orde.

ANEXO VI

TÁBOA SALARIAL POR GRUPOS

Grupo

Retribucións básicas brutas anuais

(14 meses)

I. Titulados superiores3.653.062

II. Titulados de grao medio 3.049.998

III. Especialistas e encargados2.448.894

IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª2.075.066

V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados1.805.496

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53 e 54 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...113.540

Grupo

Retribucións básicas brutas anuais

(14 meses)

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b, 10c, 10d e 10e do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...54.460

COMPLEMENTOS SALARIAIS

Trienio 4.169 ptas./mes

Complemento de perigosidade11.477 ptas./mes

Complemento de toxicidade11.477 ptas./mes

Complemento de penosidade11.477 ptas./mes

Complemento de dispoñibilidade horaria57.386 ptas./mes

ANEXO VII

RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A161.1866.191

B136.8034.953

C101.9773.717

D83.3842.483

E76.1231.862

Complemento de destino

NivelContía mensual

30121.317

29108.820

28104.243

2799.665

2687.437

2577.575

2472.998

2368.424

2263.845

2159.275

2055.062

1952.248

1849.436

1746.623

1643.815

1541.001

1438.190

1335.377

1232.563

1129.754

1026.942

As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual cada unha delas a unha mensualidade de soldo e trienios.

A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

ANEXO VIII

QUENDAS

Quenda fixaQuenda Rot. simpleQuenda Rot. complexa

Grupo A8.230

Grupo B5.4879.32813.167

Grupo C4.3897.40610.424

Grupo D3.2926.0368.778

Grupo E2.7444.9397.133

ANEXO IX

CódigoDenominaciónQuendaP.R.D

S-B-25A.T.S. Consulta Ext. hospitalFixa5.388

S-B-25A.T.S. Consulta Ext. hospitalR. simple9.229

S-B-24A.T.S. Consulta II.AA.Fixa5.388

S-B-24A.T.S. Consulta II.AA.R. simple9.229

ANEXO X

ModalidadeFactoresMédico xeralPediatraOdontólogoA.T.S.FisioterapeutaAsistente social

Ordinaria43,46 ptas./mes/Aseg.

De 0 a 500 Aseg.10.602 ptas./mes

De 501 a 1.500 Aseg.31.805 ptas./mes

De 1.501 a 2.500 Aseg.42.407 ptas./mes

AMáis de 2.500 Aseg.31.805 ptas./mes

Menos de 20.000 Hab.10.602 ptas./mes10.602 ptas./mes

De 20.000 a 25.000 Hab.21.204 ptas./mes21.204 ptas./mes

De 25.000 a 30.000 Hab.26.504 ptas./mes26.504 ptas./mes

Máis de 30.000 Hab.31.805 ptas./mes31.805 ptas./mes

Ordinaria43,46 ptas./mes/Aseg.

BDe 0 a 500 Aseg.21.204 ptas./mes

De 501 a 1.000 Aseg.26.504 ptas./mes

Máis de 1.000 Aseg.31.805 ptas./mes

C15,90 ptas./mes/Aseg.

D(Dif. con 1.050x43,46 ptas./mes/Aseg.)

I40% da Mod. A22.215 ptas./mes40% da Moda. A

EII50% da Mod. A41.484 ptas./mes50% da Mod. A

III60% da Mod. A52.281 ptas./mes60% da Mod. A

1 municipio5.301 ptas./mes9.541 ptas./mes

De 2 a 3 municipios10.602 ptas./mes14.842 ptas./mes

Máis de 3 municipios21.204 ptas./mes25.444 ptas./mes

F21.204 ptas./mes21.204 ptas./mes10.602 ptas./mes

G31.805 ptas./mes15.903 ptas./mes

Xefe unidade10.602 ptas./mes10.602 ptas./mes

HXefe servicio31.805 ptas./mes31.805 ptas./mes31.805 ptas./mes

Coord. de Área26.504 ptas./mes26.504 ptas./mes26.504 ptsa./mes10.602 ptas./mes10.602 ptas./mes10.602 ptas./mes

Coord. de servicio15.903 ptas./mes15.903 ptas./mes

I31.805 ptas./mes12.558 ptas./mes

ANEXO XI

GARDAS MÉDICAS SERVICIOS XERARQUIZADOS

Modalidade Prest. de servicioMódulo horarioValor módulo

Presencia física17 horas32.362

Presencia física24 horas45.688

Localizada17 horas16.180

Localizada24 horas22.842

ATENCIÓN CONTINUADA RESIDENTES EN FORMACIÓN

Facultativos internos residentes (MIR)

Modalidade Prest. de servicioMódulo horarioImporte ptas.

Presencia física:
Primeiro ano17 horas18.178
24 horas25.664

Segundo ano17 horas19.285
24 horas27.226

Terceiro ano e sucesivos17 horas20.404
24 horas28.853

MATRONAS EN FORMACIÓN

ResidentesImporte/hora

Enfermeira/o en formación 1º ano909
Emfermeira/o en formación 2º ano966

ATENCIÓN CONTINUADA PERSOAL NON-FACULTATIVO

Modalidade Prest. de servicioGrupoImporte ptas.

A. Serv. Noct. 1ª e 2ª semanaB15.312

A. Serv. Noct. 1ª e 2ª semanaC12.456

A. Serv. Noct. 1ª e 2ª semanaD e E10.897

A. Serv. Noct. 3ª e 4ª semanaTodos9.022

B. Serv. domingos e festivosB3.612

B. Serv. domingos e festivosC3.308

B. Serv. domingos e festivosD e E3.009

ATS/DUE EQUIPOS TRANSPL. PERFUSIÓN, HEMDIN. E HIST.

Modalidade Prest. de servicio

Módulo horario

Valor módulo

ptas./mes

Presencia física67 horas/mes53.398

Localizada134 horas/mes53.398

ATENCIÓN CONTINUADA URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS

Modalidade Prest. de Servicio

Valor módulo

ptas./hora

Presencia física persoal facultativo1.903
Localizada persoal facultativo952
Presencia física ATS/DUE1.332
Localizada ATS/DUE666

NOMEAMENTO PARA A ATENCIÓN CONTINUADA URXENCIAS

EXTRAHOSPITALARIAS

Modalidade Prest. de servicio

Valor módulo

ptas./hora

Presencia física persoal facultativo1.903
Presencia física ATS/DUE1.332

MÓDULOS ATENCIÓN CONTINUADA FACULTATIVOS EXENTOS DE CARGAS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA

Modalidade Prest. de servicio

Módulo horario

Valor módulo

importe ptas.

Presencia física4 horas22.844