Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 880

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

DESIGNACIÓN por sorteo de compromisarios para a elección de conselleiros xerais representantes de impositores.

Aberto o procedemento para a renovación dos membros dos órganos de goberno de Caixa de Aforros de Galicia, as comisións electorais das circunscricións da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra acordaron.

1º Realizar nas oficinas principais da entidade en cada unha das cidades designadas, ás trece horas do día 28 de xaneiro de 2000, o acto de designación dos compromisarios correspondentes a cada unha das circunscricións electorais para a elección de conselleiros xerais representantes de impositores. A designación efectuarase, mediante sorteo público ante notario, entre as persoas que figuren na lista de impositores da circunscrición respectiva.

2º No acto do sorteo permitirase a entrada a todo o que se acredite como impositor.

Os presidentes das comisións electorais

Rubricado