Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da 5ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da 5ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación das 9 ás 13 horas dentro do prazo dos trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

5ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da obra que se vai dirixirPrazo de

execución da

obra que se vai

dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Ribeira

Pista de atletismo en Ribeira100.000.000 de ptas.

601.012,10 euros

Ano 1999: 33.713.801 ptas. 202.624,02 euros

Ano 2000: 33.713.801 ptas. 202.624,02 euros

Ano 2001: 32.572.398 ptas. 195.764,05 euros

Ano 2002: 0,00 euros

Ano 2003: 0,00 euros

6 mesesC-1, 2, 4-d; G-4-d; C-1-dNon se esixe

0,00 euros

4.000.000 de ptas.

24.040,48 euros