Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 880

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMISIÓN MIXTA DE VIXILANCIA E SEGUIMENTO DO CONVENIO DE EMPREGADOS DE NOTARÍAS DE GALICIA

ACTA.

Reunida a Comisión mixta de vixilancia e seguimento do convenio colectivo de empregados de notarías de Galicia, o día 4 de maio de 1998 nos locais do Colexio Notarial da Coruña, coa asistencia das seguintes persoas:

En representación da Asociación de Notarios de Galicia:

Andrés Cancela Ramírez de Arrellano, notario de Sada.

José Miguel Sánchez Andrade, notario da Coruña.

María José Latas Espiña, notaria de Silleda.

En representación da Asociación de Empregados de Notarías de Galicia:

Juan Carlos Rodicio Rodicio, empregado de Santiago de Compostela.

José López Brenlla, empregado da Coruña.

José Manuel Dasilva Coto, empregado de Vigo.

Preside a mesa Andrés Cancela Ramírez de Arrellano e actúa como secretario Juan Carlos Rodicio Rodicio, coa seguite orde do día:

1. Cumprimento inmediato do artigo 9 do convenio colectivo.

2. Revisión salarial correspondente ós anos 1997 e 1998, propoñéndose pola nosa asociación incremento do 4,00% lineal na táboa, para cada un dos anos, con retroactividade soamente ó 1 de xaneiro de 1998, polo cal os soldos quedarían fixados da seguinte forma:

CategoríaGrupo 1ºGrupo 2ºGrupo 3º

Oficial 1ª 219.816 185.382166.843

Oficial 2ª 202.762 167.999147.147

Auxiliar 162.209 139.037127.450

Aux. Conta. 162.290 139.037127.450

Copista 133.244 112.38897.325

Subalterno 133.244 112.38897.325

A estas cantidades engadiráselle-lo complemento por antigüidade correspondente, dun cinco por cento do salario base, por cada catro anos, cun tope do cincuenta por cento de incremento.

3. Contestación ós escritos recibidos, se os houber.

A orde do día é aceptada por tódolos presentes, pasando a debatela seguidamente.

E por unanimidade, unha vez debatida esta, tomáronse os seguintes acordos:

2. Aprobar un incremento salarial para os anos de 1997 e 1998 dun 3% lineal en táboa, para cada un dos anos, con retroactividade ó 1 de xaneiro de 1998, polo cal os salarios mínimos quedan fixados na seguinte forma:

CategoríaGrupo 1ºGrupo 2ºGrupo 3º

Oficial 1ª 215.610 181.834163.651

Oficial 2ª 198.881 164.788144.331

Auxiliar 159.105 136.375125.011

Aux. Conta. 159.105 136.375125.011

Copista 130.694 110.23795.462

Subalterno 130.694 110.23795.462

A estas cantidades engadiráselle-lo complemento por antigüidade censual correspondente, dun cinco por cento do salario base, por cada catro anos, cun tope do cincuenta por cento de incremento.

Rubricado