Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para a tramitación técnica e administrativa de todo tipo de expedientes relacionados con aproveitamentos hidroeléctricos, no ámbito xeográfico da bacía hidrográfica de Galicia-costa.

Adxudicatario: Control y Geología, S.A. (CYGSA).

Orzamento: 166.959.380 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia