Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación dos servicios de posta á disposición dun stand para a participación do Igape na feira Mite 2000.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de posta á disposición dun stand para a participación do Igape na feira Mite 2000.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 11 01, Fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: CP nº 33/99.

2. Obxecto do contrato: servicios de posta á disposición dun stand para a participación do Igape na feira Mite 2000.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, cos máximos establecidos no prego do día anterior ó da inauguración da feira antes das dezasete horas para a montaxe e dun día a partir da hora de peche ó público desta para a desmontaxe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 3.000.000 de ptas. (tres millóns de pesetas), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 60.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703. A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderáse prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica