Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2000 Páx. 875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de transporte dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

2. Obxecto do contrato: servicio de transporte dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución: 21 de febreiro ata o 30 de xuño de 2000 e desde o 2 de outubro ó 24 de novembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 3.387.420 ptas. (IVE incluído)

5. Garantía provisional: 67.749 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada-36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Fax: 986 59 09 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións que se xunta, no rexistro da AGS das 9 ás 14 horas ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada-36680.

9. Apertura de ofertas económicas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada-36680.

d) Data: sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: once horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 13 de xaneiro de 2000.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez.

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

Mª José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Academia Galega de Seguridade