Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Monte Marbán, por pedimento de Energías Ambientales, S.A. (EASA).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Energías Ambientales, S.A. (EASA), con enderezo para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi 10, 1º Esq., 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Marbán, resultan os seguintes,

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 23 de marzo de 1999, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de EASA presentou a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Marbán, de 11,4 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por Resolución do 29 de marzo de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa citado, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30

de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, tamén mencionado. A citada resolución publicouse no BOP da Coruña do 14 de abril; no diario El Ideal Gallego, do 7 de abril e no DOG do 9 de abril de 1999 e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 27 de xullo de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

X Y

MarbánAs Somozas0.589.1114.823.162

0.588.6424.822.536

0.588.8264.820.886

0.589.0224.820.886

0.589.7854.822.309

0.589.7854.822.833

Nº de aeroxeradores: 19.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 11,4 MW.

Producción anual estimada: 26.220 MWh/ano.

Investimento previsto: 1.919.191.000 ptas.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Monte Marbán, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso,

recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio