Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Adelix, no concello de Meaño (provincia de Pontevedra) por parte de Granitos Santa Eulalia, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Granitos Santa Eulalia, S.L., con domicilio en Pazo, 34, Xil, Meaño, presentou nesta delegación provincial, o día 19 de abril de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Adelix, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Meaño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2808 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1 8º 46' 40'' 42º 28' 20''

Vértice 2 8º 46' 00'' 42º 28' 20''

Vértice 3 8º 46' 00'' 42º 27' 40''

Vértice 4 8º 46' 40'' 42º 27' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 21 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra