Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2000 Páx. 805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 20 de outubro de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente LU-00977-O-1999 e doce máis).

Advertido erro na devandita cédula, publicada no DOG nº 224, do venres, 19 de novembro de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

-No anexo da páxina 13.641, na columna: Feito denunciado, Data, Hora, Estrada, p.k., correspondente a Luis Mata Aller, onde di: «... un PMA de 95.000 kg...», debe dicir: «... un PMA de 9.500 kg...».