Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle entre as rúas Camilo Veiga e Paulino Freire. (Expediente 4972/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 16 de decembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para unha parcela sita entre as rúas Paulino Freire e Camilo Veiga, presentado por Inversiones Riomar, S.L., redactado polos arquitectos Francisco Castro Nieto e Pedro Alonso Fernández, con visado do COAG de data 13-11-1998 e 28-9-1999, coa seguinte observación:

Os promotores do estudio de detalle deben facerse cargo da urbanización de tráfico que se situará na praciña.

Procédese ó trámite de información pública do estudio de detalle de referencia polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como notificación individual a tódolos propietarios afectados polo ámbito de actuación, segundo o establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación, ata transcorrido un mes desde a última publicación. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio serviralles de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de decembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcade-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo