Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de aprobación inicial de modificación puntual do planeamento para a construcción de vivendas de promoción pública.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 22 de decembro de 1999, visto o informe emitido, previo á aprobación inicial, esixido pola Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 29 de novembro de 1999 acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a construcción de vivendas de promoción pública, segundo o proxecto elaborado por Idasa con data de decembro de 1999, recollendo as observacións efectuadas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda en Resolución do 29 de novembro de 1999.

O que se expón ó público polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, segundo o disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia. Cumprido o trámite, o concello someterá a modificación co expediente completo ó órgano autonómico competente, previamente á aprobación definitiva, co fin de que resolva sobre ela.

Xove, 10 de xaneiro de 2000.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario