Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO relativo ó expediente de revisión de oficio do PEPRI III-02 Finca do Conde, número 5411/411/1999.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 3 de decembro de 1999, adoptou acordo sobre o procedemento de revisión de oficio do PEPRI III-02 Finca do Conde, que na súa parte dispositiva di o seguinte:

Primeiro.-De acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia, do 24 de novembro de 1999, non declara-la nulidade de pleno dereito do PEPRI III-02 Finca do Conde, aprobado definitivamente por acordo plenario do 16 de abril de 1998, e, en consecuencia, poñer fin deste xeito ó procedemento incoado por acordo plenario do 30 de agosto de 1999.

Segundo.-Levanta-la suspensión da execución do mencionado PEPRI, deixándoa sen efecto, que tamén fora adoptado no devandito acordo do 30 de agosto de 1999, e en consecuencia, continuar coa tramitación dos procedementos que se seguen na Xerencia de Urbanismo, en execución do devandito PEPRI.

Terceiro.-Notificarlles este acordo ós interesados, publicalo no Diario Oficial de Galicia, BOP e taboleiro de anuncios da Casa do Concello e comunicalo ó Consello Consultivo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, se poderán interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno do Concello, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou o xulgado do contencioso-administrativo, nos casos sinalados no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

Vigo, 14 de decembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo