Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de novembro de 1999, acordou prestar aprobación inicial ó proxecto de urbanización da rúa Número Trece do núcleo urbano da vila de Sanxenxo, redactado pola arquitecta Rosa Magdalena Fernández.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

En Sanxenxo o 16 de decembro de 1999.

Telmo Martín González

Alcalde