Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente Sec.-99000260).

Neste concello tramítase a delimitación do polígono B-21 dentro da área de reparto nº 21 do PXOM de Verín, por instancia de Jaime Prezado Losada e Francisco Franco Alonso.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei do solo de Galicia, faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente na secretaría do concello durante o prazo de vinte días hábiles que se contarán desde a publicación deste anuncio no DOG.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta publicación substituirá a notificación dos interesados que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación, ou ben, logo de intenta-la notificación, non se puidese practicar.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde