Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de ordenanzas fiscais.

En cumprimento do disposto no artigo 17 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, anúnciase que o Concello Pleno, na sesión extraordinaria realizada o día 30 de decembro, adoptou, por maioría absoluta legal, con carácter provisional o seguinte acordo:

Primeiro.-Aproba-las modificacións das ordenazas fiscais seguintes:

Ordenanza fiscal nº 11.-Reguladora da taxa por servicios de rede de sumidoiros, así como de tratamento e depuración das augas residuais, incluída a vixilancia especial de sumidoiros particulares. Modifícase o artigo 5.2º relativo á tarifa.

Ordenanza fiscal nº 21.-Reguladora da taxa por distribución de auga, gas, electricidade e outros establecementos públicos, incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación e utilización de con

tadores e instalacións análogas, cando tales servicios ou subministracións sexan prestados por entidades locais. Modifícase o artigo 3 nas súas alíneas a), b) e c) relativo a tarifas.

Segundo.-Expoñer ó público no taboleiro de anuncios deste concello e nun dos xornais de maior circulación da provincia este acordo provisional durante o prazo de trinta días hábiles co fin de os interesados poderen examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas.

Terceiro.-A dita exposición ó público anunciarase no BOP e comezará a contar o seu prazo a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación correspondente.

Cuarto.-Se non presentasen reclamación elevarase a definitivo o citado acordo, segundo o prevido no artigo 17.3º da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.

Sada, 3 de xaneiro de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde