Por resolución desta alcaldía 5933/1999, con data do 26 de outubro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación relativo á U.E. nº 15, en Perillo, tramitado por Proveco, S.L.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 26 de novembro de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta