Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-362).

Por resolución desta alcaldía 6044/1999, con data do 27 de outubro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. nº 15, en Perillo, tramitado por Proveco, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do devandito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 23 de novembro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta