Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 23 de novembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, no que se contén a proposta para ordenar volumes e definir aliñacións e rasantes da UA-30, na avenida do Balneario-Arteixo, promovido por Calixto Patiño Bermúdez, en representación de Patiño y Gestal, S.L. e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; durante ese prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 27/99. PED).

Arteixo, 29 de decembro de 1999.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira Tenente de Alcalde