Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia concurso público 1/2000, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos expedientes que se citan.

Consultoría e asistencia.

Expediente nº 3001/2000.

Obxecto: honorarios de dirección técnica aparellador ou arquitecto técnico das obras de urbanización do Campus de Elviña (4ª fase).

Centro e localidade: rectorado.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 4.760.640 ptas.

Garantía provisional: 95.213 ptas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número: os indicados en cada expediente.

c) Lugar de entrega/execución: A Coruña ou Ferrol segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade da Coruña. Servicio de Xestión Económica.

b) Enderezo: rúa Mestranza, s/n.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Universidade da Coruña. Rectorado. Rexistro Xeral.

2. Enderezo: rúa Mestranza, s/n.

3. Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa Mestranza, s/n.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2000.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor M. Cabrera Sánchez

Xerente da Universidade da Coruña