Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 2/1999.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anuncia as adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa. A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 15-5-1999.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

Prezo: 2 puntos.

Certificados de aseguramento da calidade en:

2.1. Producción en envasado de gases e as súas mesturas 1 punto

2.2. Producción de gases licuados (osíxeno e nitróxeno) 1 punto

2.3. Distribución de osíxeno e nitróxeno 1 punto

2.4. Proximidade de medios e tempo resposta 1 punto

Programa de xestión 1 punto

Cursos de formación 1 punto

Experiencia 1 punto

Melloras adicionais 1 punto

Suman 10 puntos

5. Número de ofertas recibidas: 2.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

NomeEnderezo

Air Liquide Medicinal, S.L.U.Pol. Ind. As Gándaras, parcela 21, 36400 O Porriño, Pontevedra

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor: nº de referencia da CPA: CPV: 24111140.

ConceptoProvedor

Subministración sucesiva de gases medicinais en tanques e botellas; servicios complementarios de televixilancia, baleiro, aire medicinal, control, xestión e loxística ó complexo hospitalario (incluído o novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela).Air Liquide Medicinal, S.L.U.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

896.000.000 de ptas./total (oitocentos noventa e seis millóns de ptas.).

5.385.068,46 euros/total (cinco millóns trescentos oitenta e cinco mil sesenta e oito euros con corenta e seis céntimos de euro).

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Datas de publicación do anuncio do contrato: no DOCE do 24 de marzo, BOE do 23 de marzo e DOG do 22 de marzo de 1999.

12. Data de envío do anuncio: 15 de decembro de 1999.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela