Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 6/1999.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anuncia as adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa. A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e urxente.

3. Categoría do servicio e descrición. Número da referencia do CCP.

Servicio de xestión e eliminación de residuos sanitarios específicos correspondentes ó Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

4. Data de adxudicación do contrato: 30-6-1999.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

Prezo: ata 40 puntos.

Sistema de xestión: ata 40 puntos.

Sistema e control de calidade: ata 20 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 3.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

NomeEnderezo

Consenur, S.A.Río Ebro, s/n-Pol. Ind. Finanzauto, 28500 Arganda de Rey, Madrid.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

Importe anual por cama hospitalaria instalada: 38.230 ptas. (trinta e oito mil duascentas trinta ptas.).

229,77 euros (douscentos vintenove euros con setenta e sete céntimos de euro).

Importe total: 40.754.074 ptas. (corenta millóns setecentas cincuenta e catro mil setenta e catro ptas.).

244.936,92 euros (douscentos corenta e catro mil novecentos trinta e seis euros con noventa e dous céntimos de euro).

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Datas de publicación do anuncio do contrato: no DOCE do 2 de marzo, BOE do 6 de marzo e DOG do 8 de marzo de 1999.

12. Data de envío do anuncio: 15 de decembro de 1999.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela