De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non poideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-116/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación, tamén poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente ó seu dereito.
Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388) Santiago de Compostela, noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:
A) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.
B) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
A Coruña, 15 de decembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 15-116/1999.
Inculpado: Luis Miguel Moscoso Pan.
Enderezo: Palavea nº 63, A Coruña.
Sanción e motivos: (75.000 ptas.) obstrucción ó labor inspector.
Data da resolución: 5-10-1999.