Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da ata de constitución e dos estatutos da Asociación de Viticultores Ouso da Torre.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decerto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e o estatutos da Asociación de Viticultores Ouso da Torre, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios viticultores.

Asinan a acta de contitución: Ángela Victoria Martín Serantes e catro máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 10 de decembro de 1999.

Antonio Coello Buffil

Delegado provincial de Vigo