Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Gallega para el Fomento de la Educación Física y Deportiva.

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositada o día 30 de novembro de 1999 certificación do secretario da Asociación Gallega para el Fomento de la Educación Física y Deportiva, Jorge González Ledo, co visto e prace do seu presidente, José Manuel Lombao Pena, na que se fai consta-lo acordo acadado de disolución dela.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais