Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación das siglas da Asociación Gallega de Farmacéuticos sin Oficina de Farmacia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 7 de decembro de 1999, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Pablo Pérez Vázquez, avalada co visto e prace da súa presidenta, Concepción Verde Lusquiños, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade, na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 19 de novembro de 1999, e que se concreta na variación das siglas da Asociación Gallega de Farmacéuticos sin Oficina de Farmacia, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Fasifar.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1999.

Jose María Fernández Olea

Director xeral Relacións Laborais