Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2431; XG-232, Mos-Vigo, con anexos, por substitución da concesión: V-2431; XG-232, entre Mos e Vigo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 22 de outubro

de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Lucho, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2431; XG-232, Mos-Vigo, con anexos, por substitución da concesión: V-2431; XG-232, entre Mos e Vigo, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Mos, Espain, Torroso, Seixabre, Dornelas, O Cotiño, Ermida da Pena, A Portela, O Gorxal, O Meixoeiro, Cabral e Vigo.

-Torroso, A Poza, A Estibada, Petelos, A Curuxeira, As Rans, Tameiga (igrexa) e Ermida da Pena.

-A Portela de Puxeiros, Rebullón (centro de saúde), cruzamento PO-8103/PO-7005, As Pereiras, Alto San Colmado, Cela, O Coto, Roublín, Pereiras, Atín, A Florida e Agüeiro.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre A Portela e Vigo, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Petelos-A Curuxeira-As Rans para Vigo e viceversa.

-Do tramo A Florida-Atín-Pereiras para o tramo A Portela-Vigo e viceversa.

-Entre Alto San Colmado e cruzamento PO-8103/PO-7005, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Alto San Colmado-cruzamento PO-8013/PO-7005 para o tramo A Portela-Vigo e viceversa.

III. Expedicións.

Mos-Torroso-Dornelas-Ermida da Pena-A Portela-Rebullón (centro de saúde)-A Portela-Vigo (14 km).

-Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

Torroso-Petelos-Tameiga-Ermida da Pena-A Portela-Rebullón (centro de saúde)-A Portela-Vigo (13,3 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Agüeiro-Alto San Colmado-Rebullón (centro de saúde) (15,4 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,0217 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,5832 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,2033 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes