Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2126; XG-184, Vilabol-Santo André de Logares, por substitución da concesión: V-2126; XG-184, entre Naraxa e Santo André de Logares.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 2 de novembro

de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Hermanos Toxedo, S.L., a concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2126; XG-184, Vilabol-Santo André de Logares, por substitución da concesión: V-2126; XG-184, entre Naraxa e Santo André de Logares, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

Itinerarios e puntos de parada.

-Vilabol, Naraxa, Vilagocende, Rozabragada, A Fonsagrada, San Pedro de Neiro, Vilamaior, O Trobo, Vilardíaz, San Martín, Romeán, A Veiga de Logares e Santo André de Logares.

Expedicións.

A Fonsagrada-Vilabol (13 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Santo André de Logares-A Fonsagrada (23 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 13,4474 pesetas.

-Tarifa usuario: 14,3887 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 2,0171 pesetas.

Contra a citada orde, pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes