Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 19 de xaneiro de 2000 Páx. 755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2722; XG-290, Lugo-Miranda-Sobrado, con anexos, por substitución da concesión: V-2722; XG-290, entre Lugo e Miranda, con prolongación e anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 7 de setembro de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Domingo González López, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2722; XG-290, Lugo-Miranda-Sobrado, con anexos, por substitución da concesión: V-2722; XG-290, entre Lugo e Miranda, con prolongación e anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Lugo, Fazai, Bascuas, Romeán, Paderne, San Paio, Empalme Souto Torres, Camiño Ancho, Pereiramá, Cellán de Mosteiro, Faxilde, Miranda, Folgosa e Sobrado.

-Faxilde, Labrada, A Freiría, Vilalola, Castroverde, Camiño Ancho, Goi, Fonteita, Gomeán e Lugo.

-Labrada, Riomol, Furís, Pereira, A Abelleira, A Azoreira, O Couso, O Latadal e Cernadas.

-Lugo e Gomeán.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Lugo e Empalme Souto Torres, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Vilalola e Castroverde, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo (ámbolos dous puntos incluídos) para o tramo Lugo-Empalme Souto Torres (ámbolos dous puntos incluídos), e viceversa.

-De Sobrado e Gomeán para Lugo e viceversa.

III. Expedicións.

Lugo-Camiño Ancho-Pereiramá-Faxilde-Sobrado (34 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Lugo (A-6)-Gomeán-Camiño Ancho-Castroverde-Vilalola-Freiría-Labrada-Faxilde-Miranda-Sobrado (50 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Cernadas-Faxilde (10,5 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,5314 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,2686 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5797 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes