Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de urbanización do Plan Parcial de Recaré-2 (expediente 4160/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de novembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do Plan parcial Recaré-2, formulado por Bienvenido Domínguez Vázquez en representación da entidade Inmobiliaria Recaré, S.A , e redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, con datas de visado do 16 de xuño, 6 de agosto e 29 de setembro de 1999.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello de Vigo.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación e rematará a partir dun mes contado desde a publicación do último anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello de Vigo.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de decembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo