1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social Inludes.
2. Obxecto: Servicio de edición das obras:
Lote a) Guía de Artesanía de Galicia.
Lote b) Instrumentos de Corda Medievais.
3. Orzamento: catro millóns (4.000.000 de pesetas).
4. Prazo de entrega: 45 días desde a data de adxudicación.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Sección Servicios Xerais-Negociado Xestión de Programas Rexistro e Información.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatorio.
O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 277, do 2 de decembro de 1999.
Lugo, 2 de decembro de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo