Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Decreto do Consello da Xunta de Galicia 228/1999, do 15 de xullo, declarou a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto técnico de expropiación de San Lázaro 3ª fase. ZD-2, PR-4.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Santiago de Compostela convoca os titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezcan no lugar, data e hora que se detallan, co fin da realización das actas previas á ocupación.

Día 8 de febreiro.

Lugar: local social da asociación de veciños Monte do Gozo, parroquia de San Lázaro. Rúa da Muíña, s/n.

Día 8 de febreiro de 2000 ás 10 horas: da parcela número 1 á número 5.

Día 8 de febreiro de 2000 ás 10.15 horas: da parcela número 6 á número 10.

Día 8 de febreiro de 2000 ás 10.30 horas: da parcela número 11 á número 16.

Día 8 de febreiro de 2000 ás 10.45 horas: da parcela número 17 á número 18.

A este acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e o documento nacional de identidade. Poden asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

A lista de propietarios afectados atópase exposta ó público no taboleiro de edictos do concello.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde