Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN AMARO

EDICTO.

Na sesión plenaria do Concello de San Amaro, do 30-9-1999, acordouse aproba-la proposta de escudo heráldico deste concello, co seguinte brasón «de sinople (verde) un bacelo coas súas follas e acio de ouro, surmontado de tres torres de prata. Ó timbre, coroa real pechada».

O citado acordo exponse ó trámite de información pública por espacio dun mes na secretaría do concello, co obxecto de que se poidan efectuar alegacións, segundo recolle o artigo 2 do Decreto 369/1998, do 10 de decembro.

San Amaro, 10 de decembro de 1999.

Valentín Pérez Otero

Alcalde