Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-83).

Por resolución desta Alcaldía nº 6.617/1999, con data do 26 de novembro de 1999, acordouse aprobar inicialmente a modificación do plan parcial relativo ó SUNP A-4 Pía de Maianca, en Maianca.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 3 de decembro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta