Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-359).

Por resolución desta Alcaldía nº 6.043/1999, con data do 22 de outubro de 1999, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases da futura xunta de compensación da U.E. nº 18 Areal Sur, en Perillo, tramitado por Gerencia Suelo Industrial Galicia, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 26 de novembro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta