Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de decembro de 1999 pola que se modifica a autorización ó centro privado de educación especial Agarimo de Laxobre-A Baiuca do concello de Arteixo (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola dirección do centro privado Agarimo de Laxobre-A Baiuca do concello de Arteixo (A Coruña), en solicitude de autorización para unha unidade de educación especial.

Resultando que a petición recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a orde minis

terial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle a autorización definitiva para 1 unidade de psíquicos ó centro privado de educación especial Agarimo de Laxobre-A Baiuca do concello de Arteixo (A Coruña), segundo os datos que se relacionan no anexo.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Univesitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Quinto.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Localidade: A Baiuca.

Enderezo: Laxobre-A Baiuca.

Denominación: Agarimo.

Código do centro: 15020431.

Titular: Asociación Agarimo.

Unidades que se autorización: 1 unidade de psíquicos.

Composición resultante: total de número de unidades autorizadas: 2 unidades de psíquicos de educación especial.