Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2000 Páx. 662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de outubro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de outubro de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, referente o persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1998, do 26 de maio.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 212, o día 3 de novembro de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 12.879, no posto «Operador entrada de datos-Laboratorio de metabolopatías», onde di: «código de posto: SA.S99.40.101.15770.010», debe dicir: «SA.S99.40.101.15770.008».