Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN da alcaldía.

Redactado polo arquitecto D. F. Luis Freire González o proxecto de urbanización da UA.8 (U.E.I.-13), promovido pola Xunta de Compensación de dita unidade, e considerando que as obras que detalla e os documentos que comprende adécuanse ás previsións das normas subsidiarias de planeamento, sendo favorables os informes técnico e xurídico, resolvo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución U.A.8 (U.E.I.-13) promovida pola Xunta de Compensación da dita unidade de execución e redactado polo arquitecto D.F. Luis Freire González.

Segundo.-Sometelo a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e no xornal El Ideal Gallego.

O proxecto, co seu expediente, expoñerase ó público na secretaría do concello tódolos días hábiles en horario de oficina, durante o prazo dun mes a partir da publicación do anuncio no DOG.

Sada, 4 de xaneiro de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde