O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, artigo 7 punto i, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.
2. a) Modalidade de adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.
3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): sutura mecánica.
Orzamento total: 130.366.500 ptas. (IVE engadido), 783.518,45 euros.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 3 lotes:
Lote 1: grampadoras P/pel dun só uso, 10.291.200 ptas., (61.851,36 euros).
Lote 2: grampadoras lineais dun só uso e cargas, 6.806.700 ptas., (40.909,09 euros).
Lote 3: grampadoras lineais cortadoras e cargas, 32.355.600 ptas., (194.461,07 euros).
Lote 4: grampadoras Cir. Cort. Curv. dun só uso, 9.315.000 ptas., (55.984,28 euros).
Lote 5: grampadoras lineais Artc. Desech. 55 4.8, 7.560.000 ptas., (45.436,52 euros).
Lote 6: aplicadores de clips dun só uso, 31.714.800 ptas., (190.609,79 euros).
Lote 7: aplicadores clips Recarg. mediano e cargas, 27.583.200 ptas., (165.778,37 euros).
Lote 8: clip vascular 10,5 amarelo, 4.740.000 ptas., (28.487,97 euros).
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a primeira entrega ós 15 días da sinatura do contrato, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.
5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 2 de febreiro de 2000.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los dichos documentos: ningún.
6. a) Data límite de recepción das propostas: 10 de febreiro de 2000.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.
c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal de empresas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarias para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 25 de novembro de 1999.
17. Data de envío do anuncio: 4 de xaneiro de 2000.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
A Coruña, 16 de decembro de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña