Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

De conformidade cos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e o de prescricións facultativas, que rexerán a contratación da xestión do servicio de recollida do lixo, mediante concurso, aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 10 de decembro de 1999, anúnciase o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a xestión do servicio de recollida do lixo no termo municipal, agás o núcleo urbano da vila de Sarria.

b) Prazo de duración: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.).

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do remate.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: Rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Telefax: 982 53 09 16.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e facultativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Sarria, no rexistro xeral ou ben nos lugares legalmente establecidos.

8. Anuncio extenso: no BOP de Lugo número 299, do 31 de decembro de 1999.

Sarria, 3 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado