Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a relación de propietarios, bens e dereitos afectados polo anexo do trazado da L.A.T. San Cibrao-O Carballiño, anexo que afecta ós concellos de Ourense e Barbadás (Ourense). (Expediente IN407A 96/7).

Advertido erro, na devandita resolución, publicada no DOG nº 3, do mércores, 5 de xaneiro de 2000, cómpre efectua-la oportuna corrección:

As relacións correspondentes ás variantes «entre apoios nº 34 e 35» e «entre apoios nº 62 e 63» deben figurar baixo o título «Predios excluídos do expediente de expropiación por non estar afectados».

Pola contra, o título: «Relación de propietarios, bens e dereitos afectados», debe figurar antes da relación correspondente á variante denominada: «entre apoios nº 34 e 35», de tal maneira que baixo ese título estarán as variantes: «entre apoios nº 34 e 35», «entre apoios nº 12 e 14» e «entre apoios nº 62 e 63».