Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 29-9-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación Bouza II, 2569-2ª fracción.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG número 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante esta publicación, ó acordo do 29-9-1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación denominada Bouza II nº 2569-2ª fracción, sita en terreos do termo municipal de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra, promovido por Fernández y Martínez de Granitos, S.L., na actualidade de David Fernández Grande, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 2,51 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 4 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 23' 20'', 42º 24' 00'' norte, e polos meri

dianos 8º 35' 40'', 8º 35' 00'' oeste, e foi incorporadoa ó expediente da concesión de Bouza II nº 2569-2ª fracción, encontrándose o expediente á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 13 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra