Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/108-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Paradores de Turismo de España, S.A.

Domicilio social: Castelo, s/n, 32611 Monterrei.

Denominación: L.M.T. e C.T. Parador de turismo Monterrei.

Situación: Monterrei.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 29 m en conductor aéreo-subterráneo, derivada da L.M.T. A Laza propiedade de Unión Fenosa, S.A. e remata no C.T. tipo interior de 250 kVA. R/T 20.000/380-220 V situado nun edificio anexo ó parador.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de decembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense