Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 17 de xaneiro de 2000 Páx. 644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/102-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Concello da Gudiña.

Domicilio social: Beato Aparicio, 76. 32540 A Gudiña.

Denominación: L.M.T. e C.T., para bombeo de auga.

Situación: A Gudiña.

Descricións técnicas: liña aérea a 15 kV de 32 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada da L.M.T. de Unión Fenosa, S.A. San Agustín-Penouta, e rematará no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA. R/T 15-20 kV. 220/380 V nas proximidades da estación de bombeo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense